¿Por que un colexio?
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia é unha corporación de dereito público que traballa por organizar, protexer, mellorar e velar por un axeitado exercicio da profesión. O Colexio xorde finalmente en 2007, froito da Lei do Parlamento de Galicia do 1 de decembro.
A importancia da existencia do Colexio.
O Colexio desenvolve un importante papel dentro do ámbito da Enxeñaría Técnica en Informática e serve como garante de que o exercicio da profesión se axuste ás normas e ás regras que aseguren a eficacia e a eventual responsabilidade de tal exercicio.
A non existencia dos Colexios Profesionais de Enxeñarías en Informática fixo que ata entón os únicos que tiveran voz e voto sobre a evolución da Sociedade da Información foran a Administración, as empresas e os diversos Colexios Oficiais doutras profesións, en lugar dos profesionais nas enxeñarías en informática.










