CPETIG > Home > Novas > Desconto dun 10% para colexiados no Mestrado de Ciberseguridade que desenvolve o Campus Internacional de Ciberseguridade, en colaboración con Telefónica e ElevenPaths
Mensaxe

Desconto dun 10% para colexiados no Mestrado de Ciberseguridade que desenvolve o Campus Internacional de Ciberseguridade, en colaboración con Telefónica e ElevenPaths

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2017.- As persoas colexiadas no CPETIG poden beneficiarse dun desconto do 10% na realización do Mestrado en Ciberseguridade, que desenvolve o Campus Internacional de Ciberseguridad, en colaboración con Telefónica e ElevenPaths. Este Mestrado está acreditado pola UCAM  con 1.500 horas e 60 créditos ECTS, polo que ten validez en todo o espazo de Bolonia.

Este incentivo para colexiados está enmarcado no convenio de colaboración asinado recentemente polo CPETIG co Campus Internacional de Ciberseguridad, entidade que ofrece formación de postgrao a través de Mestrados Profesionais da máis alta calidade.

 

Desde o seguinte enlace pódese acceder ao Campus e a toda a información do Mestrado, programa académico, claustro de profesores, metodoloxía, etc. e solicitar ampliar esta información ou clarexar calquera posible dúbida: MASTER_CIBERSEGURIDADE

 
Calendario
Outubro 2003
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel