CPETIG > Home > Novas > O CPETIG pide aos candidatos á presidencia da Xunta a implicación do futuro goberno na regulación da Enxeñaría Informática
Mensaxe

O CPETIG pide aos candidatos á presidencia da Xunta a implicación do futuro goberno na regulación da Enxeñaría Informática

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016. O colexio remite unha misiva aos cabezas de lista de PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e Ciudadanos na que plantexa cinco propostas ao obxecto de que sexan tidas en conta polo goberno resultante das eleccións do vindeiro día 25 de setembro.

A implicación da Xunta de Galicia na regulación da profesión, a creación dun corpo superior de Xestión en Enxeñaría Técnica en Informática e a defensa da neutralidade na rede son algunhas das propostas contidas no documento enviado esta mañá polo Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, Cpetig, aos candidatos á Presidencia da Xunta de Galicia.


A misiva, asinada polo presidente do Cpetig, Marcos Mata, contén cinco propostas para mellorar o exercicio profesional ao servizo de Galicia e foi enviada hoxe aos candidatos do PPdeG, PSdeG, En Marea, BNG e Ciudadanos, ao obxecto de que sexan tidas en conta polo goberno resultante das eleccións do vindeiro  día 25 de setembro.

 

No documento, a entidade colexial resume en cinco puntos as reivindicacións profesionais que deben ser consideradas polo futuro Goberno de Galicia. En primeiro lugar, o Cpetig solicita o apoio e implicación da Xunta de Galicia na regulación da profesión para correxir con medidas urxentes as consecuencias do informe emitido polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo no que se exclúe á Enxeñaría Informática do Recoñecemento de Cualificacións Profesionais, que sí teñen o resto de enxeñarías. Este trato discriminatorio xa desencadenou o pasado mes de xuño numerosas protestas e mobilizacións públicas do sector, tanto do alumnado como das entidades colexiais e organizacións profesionais de todo o país.

Na batería de propostas aos candidatos, o Cpetig inclúe asemade a creación do corpo  superior de Xestión en Enxeñaría Técnica en Informática da Xunta de Galicia, que xa existe noutras administracións, tendo como principal cometido a implantación da administración electrónica e os retos futuros en materia de automatización dos procedementos.     

A aposta pola esixencia de persoal cualificado nas contratacións públicas, o uso de estándares libres na administración pública e a defensa da neutralidade da rede completan as demandas profesionais do Cpetig ao futuro executivo.

A neutralidade da rede, segundo se explica no documento remitido polo Cpetig aos candidatos, “ten que ser un dereito básico da cidadanía, sendo Internet a ferramenta máis democrática creada na historia da humanidade onde todas as persoas, en igualdade de condicións, poden acceder a información, produtos e servizos”. Baixo ese principio, o Cpetig vincula esta demanda co compromiso “claro e irrenunciable da profesión coa construción dunha sociedade da información centrada na persoa, inclusiva, onde calquera poda crear, acceder, utilizar e compartir a información e o coñecemento, para permitir a persoas, comunidades e pobos alcanzar o seu pleno potencial e desenvolvemento”.

Descarga aquí o documento

 
Calendario
Agosto 2017
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel