CPETIG > Home > Novas > Curso de Seguridade TI nas organizacións, gratuíto para colexiados
Mensaxe

Curso de Seguridade TI nas organizacións, gratuíto para colexiados

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016.- O CPETIG organiza, en colaboración coa Amtega, un curso de Seguridade TI nas organizacións, estruturado en dous módulos de 10 horas cada un, que se levará a cabo en dúas fins de semana consecutivas deste mes de setembro.

O curso ten como obxectivo formar nos coñecementos e capacidades necesarias para a xestión e administración da seguridade nas organizacións, segundo os modelos de ameazas actuais, adquirindo as destrezas para configurar de forma segura os sistemas operativos e as aplicacións, servizos e tecnoloxías empregadas en redes corporativas.

 

O primeiro dos módulos, previsto para os días 9 e 10 na Cidade da Cultura, adícase a Protocolos ante Ciberataques e incidentes en Seguridade TI, e será impartido por Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra. Os seus contidos abranguen un amplo abano de temas, como unha aproximación lexislativa, a preparación de posibles incidentes de seguridade, o manexo destes incidentes, os dispositivos móbiles, tendencias (malware - APT´s) e fontes abertas (OSINT - Open Source INTelligence).

O segundo dos módulos será os días 16 e 17 de setembro en Santiago, nun lugar aínda por determinar que se fará público á maior brevidade. Será impartido por Juan Luis G. Rambla, director técnico da área de seguridade TIC de Sidertia Solutions. O programa inclúe temas como o bastionado dos sistemas, a trazabilidade das accións, as ameazas contra a dispoñibilidade e integridade, criptografía aplicada e aproximación a un modelo de seguridade integral.

Ao remate da formación, as persoas asistentes terán coñecementos para facer unha implementación segura da protección necesaria nunha organización, protexendo os datos e infraestruturas manexadas en cada unha das súas capas. Controlarán, asemade, os mecanismos para evitar a fuga de información. Pódese realizar a inscrición nun dos módulos ou no curso completo. As prazas son limitadas. Ampliar información e inscricións

 
Calendario
Agosto 2017
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel