CPETIG > Home > Servizos > Visados
Mensaxe

Visados

Os Colexios Profesionais son corporacións de Dereito Público con personalidade xurídica propia recoñecidas polo artigo 36 da Constitución, viagra que teñen o fin de ordear o exercicio das profesións, health a súa representación e a defensa dos intereses dos profesionales colexiados.

A Lei 2/1974 sobre Colexios Profesionais fala no seu artigo 13 do visado colexial como selo de calidade sobre un traballo ou proxecto dun profesional titulado dese Colexio, viagra sale co que o Colexio ao que pertence o profesional da so seu visto bo sobre a calidade técnica do membro frente á integridade física e a seguridade das personas (e se fai responsable subsidiario en caso de problemas).

O visado colexial é en principio voluntario salvo cando se poida poñer en xogo a seguridade das persoas. O Goberno, por tanto reservábase coa Lei de 1974 a potestade de poder establecer os traballos profesionais nos que sexa obrigada a obtención do visado colexial “atendendo á causalidade directa entre o traballo profesional e a afectación á integridade física e seguridade das persoas, e á acreditación de que o visado é o medio de control máis proporcionado”.

A Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, obrigaba na súa Disposición Transitoria Terceira a reformar a Lei 2/1974, establecendo os visados esixibles obrigatoriamente.

O 6 de agosto de 2010 publicouse no BOE o Real Decreto 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio, que enumera unha serie de traballos nos que o visado colexial será obrigatorio como excepción á liberdade de elección do cliente de xeito exclusivo e excluinte. O artigo 2 di así:

É obrigatorio obter o visado colexial únicamente sobre os traballos profesionais seguintes:

  1. Proxecto de execución de edificación. A estos efectos entenderase por edificación o previsto no artigo 2.1 da Lei 38/1999, de 5 de novembro, de ordeación da edificación.

  2. Certificado de final de obra de edificación, que incluirá a documentación prevista no anexo II.3.3 do Real Decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación.

  3. Proxecto de execución de edificación e certificado final de obra que, no seu caso, deban ser aportados nos procedementos administrativos de legalización de obras de edificación, de acordo coa normativa urbanística aplicable.

  4. Proxecto de demolición de edificacións que non requira o uso de explosivos, de acordo co previsto na normativa urbanística aplicable.

  5. Proxecto de voladuras especiais previsto no artigo 151 do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira, aprobado polo Real Decreto 863/1985, do 2 de abril.

  6. Proxectos técnicos de establecemento, traslado e modificación sustancial dunha fábrica de explosivos, previstos, respectivamente, nos artigos 33, 34 y 35 do Regulamento de explosivos, aprobado polo Real Decreto 230/1998, de 16 de febreiro.

  7. Proxectos técnicos de instalación e modificación sustancial de depósitos comerciais e de consumo de materias explosivas, previstos, respectivamente, nos artigos 155 e 156 do Regulamento de explosivos, aprobado polo Real Decreto 230/1998, de 16 de febreiro.

  8. Proxectos de establecemento de talleres de cartuchería e pirotécnica e de depósitos non integrados neles, previstos nos artigos 25, 29, 69, 70 e 71 do Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería, aprobado polo Real Decreto 563/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento de artigos pirotécnicos e cartuchería.

  9. Proxectos de aproveitamentos de recursos mineiros das seccións C) e D), previstos nos artigos 85 e 89 do Regulamento Xeneral para o Réxime da Minería, aprobado polo Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto.

O Real Decreto 1000/2010 di no seu artigo 5 que para a obtención do visado colexial obrigatorio será o profesional asinante do traballo o que se dirixirá ao colexio profesional competente solicitando o visado.

Bastará con que os traballos profesionais sexan visados unha soa vez e por un só colexio profesional aínda que se trate de traballos parciais.

As administracións públicas poderán estar exentas de obter o visado colexial cando o informe técnico sexa obxecto da oficina de supervisión de proxectos de que se trate ou órgano equivalente ou cando a través dos seus procesos de contratación realicen a comprobación da identidade e habilitación profesional do autor do traballo.

Visados voluntarios

Para todos os traballos anteriores quedou acreditada a necesidade de visado colexial preceptivo por existires causalidade directa entre o traballo profesional e a afectación á integridade física e seguridade das persoas e por proporcionalidade (por ser o visado o medio de control máis proporcionado de entre os medios existentes).

Isto non impide que un cliente esixa o visado colexial sobre un traballo non obrigado por lei a ser expedido, se iso lle aporta unha seguridade adicional á que lle poidan proporcionar outros medios (normas de calidade, seguros, certificado dunha entidad de certificación e control, etc.).

Convenio co CITIPA

O CPETIG ten suscrito un convenio de colaboración co Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática do Principado de Asturias (CITIPA) polo que o seu corpo de visadores ofrecerá este servizo aos membros do CPETIG. Os honorarios polo servizo de visado son os mesmos que estableza o CITIPA para os seus colexiados. É de obrigado cumprimento para empregar este servizo observar o seu propio regulamento de visados, o cal se ofrece a continuación:

 
Calendario
Decembro 2017
L M X J V S D
27 28 29 30 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel