CPETIG > Home > Servizos > Experiencia profesional
Mensaxe

Certificado de experiencia profesional (CEPRAL)

 

O CPETIG ofrece o servizo de Certificación da Experiencia Profesional para Recoñecementos Académicos e Laborais (CEPRAL) para posibilitar, sickness ás persoas interesadas, check a certificación da súa experiencia profesional nas actividades propias da enxeñaría técnica informática. As finalidades principais destas certificacións son facilitar, por medio da experiencia profesional demostrada, o acceso a melloras laborais e a obtención de validacións académicas.

Este servizo está dirixido principalmente aos profesionais informáticos formados academicamente que posteriormente exerceron profesionalmente. Non obstante, tamén está aberto a todos aqueles profesionais da informática que non dispoñen de formación académica.

As razóns de ofrecer tamén o servizo a non titulados encontrámolas na xuventude desta disciplina da enxeñaría e na gran demanda destes profesionais dende hai dúas décadas. Estes factores contribuíron a que moitas persoas se incorporasen a estas actividades profesionais sen a formación académica previa desexable e habitual noutras disciplinas.

A adquisición de coñecementos para o exercicio profesional sen formación académica previa, a pesar de non ser a vía recomendable, é indubidable que, con certas limitacións e moito máis esforzo, pode ser unha vía para alcanzar os coñecementos propios do profesional informático. Polo tanto, o CPETIG recoñece esta realidade e por iso ofrece o servizo CEPRAL a todos os profesionais da informática que nos evidencien a súa experiencia profesional nos perfís propios da enxeñaría técnica informática.

O CPETIG, en cumprimento da súa misión de estruturar a profesión de enxeñaría técnica informática, desexa que estas certificacións sexan de proveito, laboral ou académico, para os profesionais informáticos que teñen suficiente experiencia demostrable.

Acceso ó servizo

 
Calendario
Setembro 2002
L M X J V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel