CPETIG > Home > Novas > O Colexio patrocina un equipo da competición de GaliciaTIC
Mensaxe

O Colexio patrocina un equipo da competición de GaliciaTIC

 

galicitic

O CPETIG colabora unha vez máis co evento GaliciaTIC que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os días 26 e 27 de xuño.

Nesta edición levarase a cabo unha competición, na que o CPETIG patrocinará un dos equipos, de ata 4 participantes, asumindo o coste da inscrición. As categorías existentes son as de “Programación de aplicacións no entorno AngularJS e programación de drons”

Só por participar, o equipo terá acceso ás conferencias dos días 26, e xantar incluído as dúas xornadas. Ademais dos premios que establece GaliciaTIC (drons para os gañadores da competición de programación de drones e tablets para os gañadores da competición de programación de aplicacións), o Colexio premiará con un ano de colexiación gratuíta ós membros do equipo no caso de resultar gañadores nalgunha categoría e cumprir os requisitos para a colexiación.

As solicitudes deberán enviarse a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando: nome do equipo e nome e correo electrónico dos compoñentes. No caso de non ser colexiados, deberán indicar os estudos finalizados ou en curso.

Terán prioridade para ser patrocinados, por este orde, os equipos formados maioritariamente por: colexiados do CPETIG, titulados ou estudantes de Enxeñaría Técnica en Informática ou Grao en Enxeñería Informática, titulados ou estudantes dalgunha rama de formación profesional en informática, resto de candidatos. No caso de concorrencia de máis dun equipo coa mesma prioridade, se elixirá por sorteo.

Máis información: http://www.galiciatic.com/noticias/llegan-las-competiciones-de-ingenieria-a-galiciatic2017-

 
Calendario
Setembro 2009
L M X J V S D
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel