CPETIG > Home > Novas > O CPETIG organiza cursos de Scratch en Vigo, Ourense e Santiago, para formadores e escolares
Mensaxe

O CPETIG organiza cursos de Scratch en Vigo, Ourense e Santiago, para formadores e escolares

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2016.- O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa Amtega, convoca unha nova edición de cursos de formación en Scratch, dirixida por unha parte ao profesorado e por outra ao alumnado, co obxectivo de difundir os valores da programación informática na comunidade escolar.

Esta nova fase da iniciativa, posta en marcha polo CPETIG hai tres anos, pretende ampliar o número de escolares de Galicia que acceden ao coñecemento da programación informática como ferramenta didáctica, para o que resulta necesario contar cun maior número de formadores especializados en Scratch.

Para iso, o CPETIG convoca tres cursos no mes de outubro, que terán lugar o día 7 en Vigo, o día 8 en Ourense e o día 15 en Santiago.

 

1. Curso para escolares

Diríxese fundamentalmente a rapaces e rapazas de entre 7 e 15 anos, co propósito de que se acheguen e accedan de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Obxectivos

  • Eliminar mitos en relación á programación informática.
  • Introducir aos asistentes de forma lúdica e divertida no mundo da programación.
  • Coñecer a contorna de programación Scratch.
  • Aprender a desenvolver videoxogos coa ferramenta Scratch.
  • Concienciar da potencia da programación como medio de expresión das ideas propias e como medio de emprendemiento.
  • Descubrir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.

2. Curso de formadores

Está dirixido fundamentalmente ao profesorado de primaria e secundaria (sen excluir a outros colectivos) para dotalos dos coñecementos e ferramentas necesarias para que poidan usar Scratch na súa área de competencia.

Obxectivos

  • Aprender a desenvolver aplicacións coa ferramenta Scratch.
  • Comprender a potencia do uso de Scratch como ferramenta didáctica.
  • Coñecer metodoloxías e casos de éxito da ensinanza da programación con Scratch.

Axenda

  • Acreditación e benvida
  • Presentación e demostracións
  • Taller de programación con Scratch
  • Presentación de proxectos

Formadores

Contarase coa participación da asociación “Código Octopus” que impartirá a formación a rapaces, país e profesorado.

Código Octopus é unha fonte de recursos en galego para o profesorado con bases en calquera materia que se desexe introducir á programación na docencia. Conta material para aprender a programar en “Scratch” en Educación Primaria e Educación Secundaria. Tras este proxecto atópase un grupo de profesorado de tecnoloxía do sistema educativo galego.

Cidades e datas

Vigo

  • Data: 7 de outubro
  • Hora: De 17:00 a 21:00
  • Lugar: Sede Afundación. Rúa Policarpo Sanz, 26

Na edición de Vigo os asistentes deberán levar portátil con conexión WIFI.

Inscrición na edición de Vigo

Ourense

  • Data: 8 de outubro
  • Hora: De 9:30 a 14:00
  • Lugar: ESEI. Campus Universitario. Edificio Politécnico

Na edición de Ourense haberá ordenadores a disposición dos asistentes.

Inscrición na edición de Ourense

Santiago

  • Data: 15 de outubro
  • Hora: De 9:30 a 14:00
  • Lugar: Cidade da Cultura. Edificio da biblioteca

Na edición de Santiago os asistentes deberán levar portátil con conexión WIFI.

Inscrición na edición de Santiago

Prezo

A inscrición nestes cursos é de balde.

Inscrición

Inscrición na edición de Vigo*
Inscrición na edición de Ourense
Inscrición na edición de Santiago*

* Nesta edición os asistentes deberán levar ordenador portátil con conexión wifi.

Máis información

Para ampliar información pode contactar no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 630.778.003

 
Calendario
Xullo 2017
L M X J V S D
26 27 28 29 30 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31 1 2 3 4 5 6
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel