CPETIG > Home > Novas
Mensaxe

Novas

O Colexio patrocina un equipo da competición de GaliciaTIC

 

galicitic

O CPETIG colabora unha vez máis co evento GaliciaTIC que terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela os días 26 e 27 de xuño.

Nesta edición levarase a cabo unha competición, na que o CPETIG patrocinará un dos equipos, de ata 4 participantes, asumindo o coste da inscrición. As categorías existentes son as de “Programación de aplicacións no entorno AngularJS e programación de drons”

Ler máis...

 

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O III SCRATCH DAY ORGANIZADO POLO CPETIG O 27 DE MAIO NA CIDADE DA CULTURA

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2017.- Xa está aberto o prazo de inscrición para unha nova edición do Scratch Day, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, e dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos que deben asistir acompañados polos seus pais ou nais.

A cita será o 27 de maio na Cidade da Cultura e as familias e formadores interesados poden inscribirse en http://scratchday.cpetig.org

O Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos, os seus pais e os seus formadores, de xeito que os participantes poden acceder de forma lúdica e divertida ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento. Asemade, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital.

Ler máis...

 

Aberto prazo de inscrición na II edición do concurso escolar Aprendo Programando, baixo a temática “Convivir en igualdade”

O CPETIG organiza a segunda edición do concurso Aprendo Programando, dirixido a centros escolares de Galicia ao obxecto de integrar dentro do sistema educativo a crecente utilización das novas tecnoloxías por parte da infancia e da adolescencia.

A iniciativa, convocada este ano baixo a temática “Convivir en igualdade”, representa unha oportunidade para o alumnado de primaria e de ESO, que a través do concurso vai desenvolver habilidades mentais, ligadas ao pensamento computacional, mediante a aprendizaxe da programación sen necesidade de coñecer unha linguaxe concreta.

A ensinanza do uso das novas tecnoloxías en idades temperás ten un efecto inmediato e directo na consecución da competencia dixital, facilitando aos escolares ferramentas que lles son útiles para enfrontarse aos seus retos persoais, académicos e posteriormente profesionais.

Ler máis...

 

Cpetig e Amtega organizan o 11 de maio #SilverBullet17

Santiago, 12 de abril de 2017.-

O vindeiro 11 de maio vai ter lugar na Cidade da Cultura #SilverBullet17, un Congreso de Xestión de Proxectos Software organizado polo CPETIG e a Amtega, co propósito de converterse nunha xornada de referencia no eido da xestión de proxectos.
Está concibido como un foro de discusión e debate dirixido a empresas e profesionais vinculados á xestión de proxectos de software, expertos, investigadores e docentes implicados na formación de futuros profesionais na área. #SilverBullet17 vai reunir a oferta e a demanda do sector nun espazo de encontro para propiciar un intercambio de información, favorecendo a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.

Ler máis...

 

A matriculación feminina no Grao en Informática cae un 50% nas universidades galegas nos últimos anos

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017.- A evolución do acceso das mulleres aos estudos de Informática presenta en Galicia unha  acusada tendencia á baixa,  que contrasta co escenario de crecente feminización da matrícula nas tres universidades.  A caída da presenza de alumnas nas aulas de Informática nos últimos ronda o 50%, con moi leves oscilacións entre as tres universidades, segundo os datos oficiais de matriculación analizados polo CPETIG.

Ler máis...

 

Discriminación da informática fronte a outras titulacións para acceder a emprego público

•    O CPETIG pide o compromiso inequívoco da Xunta para a regulación da profesión, que poña fin ao agravio comparativo co resto das enxeñarías

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.- Unha recente convocatoria do Sergas para prazas de técnicos de xestión e técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, publicada no DOG o pasado 10 de xaneiro, pon de manifesto a evidente discriminación da Enxeñaría Técnica en Informática, fronte ao resto de enxeñarías.

Segundo establece a citada convocatoria do Sergas, ás prazas de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo A2, pode acceder calquera persoa titulada universitaria en iguais condicións que unha titulada en Informática. Sen embargo, para optar ás prazas de técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo C1, esíxese formación profesional en Informática.

Ler máis...

 
Calendario
Setembro 2001
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Eventos
Sen eventos proximamente
Featured Links:
Cartel
Convenios de colaboración
ffsb
Cartel
sdfsb
Beneficios colexiais
Cartel
Cartel
Cartel