CPETIG > Home > Formación > Seminarios de protección de datos, e-admón e expediente electrónico na admón de xustiza
Mensaje
Info: Tu navegador web no acepta cookies. Para añadir productos a tu cesta y comprarlos necesitas habilitar los cookies.

Seminarios de protección de datos, e-admón e expediente electrónico na admón de xustiza

Precio: €0,00 Haz una pregunta sobre este curso

Dentro das actividades enmarcadas no convenio asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o CPETIG anuncia dúas edicións do “Seminario sobre protección de datos, e-administración e expediente electrónico na administración de xustiza”. Os seminarios terán lugar en Santiago de Compostela e Ourense os días 17 e 18 de xuño.alt

Obxectivos

  • Informar sobre os aspectos máis relevantes da normativa de protección de datos e da administración electrónica xudicial, así como dos beneficios de incorporar o uso das novas tecnoloxías a todos os procesos xudiciais.
  • Incrementar a seguridade, efectividade e eficiencia da administración xudicial co uso das novas ferramentas electrónicas avanzadas e con pleno respecto ao dereito á privacidade dos cidadáns.

Destinatarios

Xuíces, maxistrados, secretarios xudiciais e funcionarios dos corpos ao servizo da administración de xustiza.

Lugar

Santiago: Escola Galega de Administración Pública. Rúa de Madrid 2-4
Ourense
: Facultade de dereito. Campus de Ourense - As Lagoas s/n

Axenda

  • Santiago (17/06/2015):
    • 15:30 a 16:00 - Rexistro
    • 16:00 a 17:30 - Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (1,5 horas) Relator: Víctor Salgado Seguín - Avogado-Socio do Bufete Pintos&Salgado
    • 17:30 a 18:00 - Café
    • 18:00 a 20:30 - Relatorio II: ADMÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS DE IMPLANTACIÓN (2,5 horas) Relatores: Eduardo A. Sánchez Tato (Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra) e Juan Carlos Aladro Fernández (Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra)
  • Ourense (18/06/2015):
    • 15:30 a 16:00 - Rexistro
    • 16:00 a 17:30 - Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS (1,5 horas) Relator: Víctor Salgado Seguín - Avogado-Socio do Bufete Pintos&Salgado
    • 17:30 a 18:00 - Café
    • 18:00 a 20:30 - Relatorio II: ADMÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS DE IMPLANTACIÓN (2,5 horas) Relatores: Antonio Piña Alonso (Presidente da Audiencia Provincial de Ourense) e Juan Carlos Aladro Fernández (Fiscal Xefe Provincial de Pontevedra)

Programa

Relatorio I: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.

  1. A Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), no que respecta aos ficheiros da administración de Xustiza
    1. Que é un Dato Persoal? Que é un Ficheiro?
    2. Os Principios da LOPD.
    3. Obrigas do responsable do ficheiro.
    4. O consentimento dos afectados.
    5. O deber de información no tratamento dos datos.
    6. Dereitos dos titulares dos datos.
    7. A cesión ou comunicación de datos.
    8. Infraccións e Sancións.
  2. Medidas de Seguridade esixibles aos ficheiros con datos persoais: Título VIII do Real Decreto 1720/2007.
    1. Base Legal do Regulamento e Sancións.
    2. Niveis de Seguridade e clasificación dos datos.
    3. O Documento de Seguridade.
    4. Medidas de Seguridade de nivel Básico, Medio e Alto.
    5. O Informe de Auditoría.
    6. Medidas de seguridade aplicables a soportes non automatizados.
  3. Aspectos prácticos da aplicación da LOPD na Administración de Xustiza.

Café: 30 minutos

Relatorio II: ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E PROCEDEMENTO XUDICIAL ELECTRÓNICO: CASOS PRÁCTICOS DE IMPLANTACIÓN.

  1. A Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza (LUTICAJ).
    1. Ámbito de aplicación e obxectivo da LUTICAJ.
    2. Uso dos medios electrónicos na Administración de Xustiza.
      1. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coa Administración de Xustiza por medios electrónicos.
      2. Dereitos e deberes dos profesionais da xustiza nas súas relacións coa Administración de Xustiza por medios electrónicos.
      3. Utilización obrigatoria dos medios electrónicos na tramitación dos procedementos electrónicos xudiciais.
    3. Réxime xurídico da Administración xudicial electrónica.
      1. Sede xudicial electrónica.
      2. Identificación e autenticación.
    4. Aplicación e disposicións transitorias da LUTICAJ.
  2. Experiencia na implantación da Administración Xudicial Electrónica en Galicia.
    1. Ferramentas de Xustiza electrónica.
    2. Implantación en Xulgados e Tribunais.
    3. Perspectivas de futuro e recomendacións.

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Prezo

A inscrición nestes seminarios é de balde.

Máis información

Para ampliar esta información pode contactar no teléfono 668 882 063 ou no enderezo electrónico eventos@cpetig.org

Financiado por: Xunta de Galicia
Disponibilidad

Actualmente este producto no está disponible.




Calendario
Octubre 2006
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5
Eventos
Sin eventos proximamente
Featured Links:
Banner
Convenios de colaboración
ffsb
Banner
sdfsb
Beneficios colexiais
Banner
Banner
Banner